quinta-feira, 2 de fevereiro de 2012

TERTULIA LITERARIA ENTRE LOBOS

Si, si, ledes ben, os lobos acompañáronnos na lectura de Pel de lobo, mais tamén na nosa tertulia do segundo ciclo, grazas ás lembranzas que a profesora Rosa Rial garda da súa infancia de testemuños vivos de xente que viu o lobo. Quedamos moi sorprendidos sobre a súa capacidade de resistencia e intelixencia para traballar a xente, como se di popularmente.


E vós que contades? Vistes o lobo? Viuvos o lobo?

1 comentário:

  1. Vaia, que mágoa, non ter chegado a tempo outra vez…! Agora si lin “Pel de lobo”, (collino na biblioteca que teño a carón da casa, aínda que non foi cousa sinxela porque estaba moi demandado) e teño que dicir que me gustou moito, seguramente aínda me gustaría máis se tivera vinte anos menos porque era o tipo de cousas que me gustaba ler.
    Os parágrafos nos que o narrador describía como mataban lobos non eran os que máis graza me facían, porque eu non teño ovellas e o lobo paréceme un animal engaiolante, pero do resto non había nada que obxectar. Tiña un pouco de todo, intriga, triángulo amoroso, momentos de tensións varias, lenda, tristura… e gustoume moito o vocabulario, había palabras que non coñecía e que tiven que buscar no dicionario (agora non lembro ningunha pero a maioría referidas a vexetais).
    Teño que dicir tamén que a historia chegoume moito máis por onde se desenvolve xa que os nomes dos concellos veciños, e das parroquias sonme moi coñecidos. A miña familia é dunha zona que está moi preto de ahí e cando era cativa pasei un par de veráns no Incio. Gardo lembranzas marabillosas daqueles tempos. Os amorodos silvestres que medraban nas beiras dos camiños, as augas que iamos tomar, os prados coa roupa a secar, as mulleres lavando no río (algo que eu nunca tal vira), a fermosura do lugar, os disparos do tiro ó prato, unha cova con estalactites (¿ou eran estalagmites?) e o que máis se me acorda é unha caseta abandonada nun alto dende a que se vía toda a contorna e estaba chea de sinaturas e nomes pintados en distintas cores…
    Creo que me fun do tema do libro, pero o ler a noveliña todo o tempo viñánseme estas imaxes a testa.
    Se algún de vós non o leu, recoméndollo moito xa que logo se le e é moi entretido e tamén por suposto se podedes ir visitar O Incio non deixedes de facelo.
    Agardo de verdade poder estar na próxima reunión do Club de Lectura, xa que, como di a miña avoa nestes casos: non teño perdón de Deus...

    ResponderEliminar