quinta-feira, 22 de março de 2012

E POR PETICIÓN DO CLUB DE LECTURA

CONTINUAMOS A LER A OBRA DE FRANCISCO CASTRO!


Moito nos prestou o seu Chamádeme Simbad! Sóubonos a pouco, así que a proposta maioritarísima dos membros do club de 1º e 2º imos continuar a descubrir os mundos literarios que Francisco Castro pensa e escribe para nós, os seus lectores e lectoras.

Tócalle o turno agora á novela de amor O segredo de Marco Polo, que nos fará viaxar deica a Venecia do século XIII.

Xa vos contaremos, non perdades atención! Mais, polo de agora, confirmamos que Francisco Castro estará connosco no centro o vindeiro MARTES, 10 DE ABRIL! Xa nos tarda!

sexta-feira, 16 de março de 2012

A LITERATURA GALEGA DÁ QUE FALAR POLO MUNDO

Boas novas para a literatura infantil e xuvenil escrita en galego!

A Biblioteca Internacional da Mocidade de Munic vén de incluír na súa selección de libros The White Raven tres títulos escritos orixinalmente en galego: 

  • A princesa do Courel, de Patacrúa, na editorial OQO.
  • A sombra descalza, de An Alfaya, en edicións Xerais.
  • Smara, de Paula Carballeira, na editorial Kalandraka.

domingo, 11 de março de 2012