quinta-feira, 17 de janeiro de 2013

A POESÍA DE LOIS PEREIRO AO VIVO

Velaquí un breve poema de Lois Pereiro (1958-1996) na voz da poeta Antía Otero, a quen lembramos como guía do obradoiro de expresión escrita realizado a finais do curso pasado.



segunda-feira, 14 de janeiro de 2013

O NENO CAN

Fina Casalderrey e Francisco Castro cun exemplar d´O neno can

Alguén imaxina que un libro poida escribirse a catro mans, dous corazóns e unha cabeza? Non? Pois Fina Casalderrey e Francisco Castro conseguírono no libro de relatos que titularon  

O neno can

Imos descubrir como foi este proceso tan innovador e cales foron os motivos tan especiais que os levaron a escribiren xuntos.

domingo, 13 de janeiro de 2013


Na sección do club de lectura de 3º e 4º estivemos a ler Unha estrela no vento, de Ledicia Costas, quen tamén nos respondeu por correo electrónico algunhas preguntas que nos quedaban no aire e que partillamos convosco neste blog.

Presentámosvos agora esta entrevista realizada polo alumnado lector de Ledicia Costas do IES Pintor Colmeiro de Silleda. Como veredes, falarán sobre Unha estrela no vento e mais sobre a súa útima novela, O corazón de Xúpiter.

Non vola perdades!!!

sábado, 5 de janeiro de 2013

FELIZ NOITE DE REIS!



Moito nos levan tardado estes Reis, como canta o grupo Mamá Cabra, mais lembrade todo o protocolo desta noite antes de deitarvos e non esquezades nunca o que non se pode facer, se non queredes levar sorpresas desagradables como Martiño...


Mais, para relaxarse nesta loooooonga espera deica mañá e chamar polo sono, podemos ler un chisquiño...


Agora xa só nos resta despedirnos e desexarvos...