Futuro Imperfecto é
unha historia autobiográfica da escritora ourensá Xulia Alonso. Neste
libro, a autora ten que enfrentarse a unha serie de dificultades
persoais que fixeron que a súa vida cambiase totalmente. A droga, a
aparición e, sobre todo, a experiencia do VIH serían as dúas razóns
principais de toda a historia que desenvolve neste libro.
Todo
xira en torno á época dos 80, cando unha relativa paz acaba de
instaurarse e a liberdade é o principal obxectivo do sector adolescente,
sen ter en conta todos os perigos aos que se verían sometidos.
Xulia
é unha estudante de 17 anos que muda a Santiago. Ela tan só busca nesa
nova cidade unha nova vida, sen saber que os novos mundos que
descubriría tan só lle quitarían o que estaba procurando atopar: a
liberdade.
Grazas
á súa nova vida, atopouse con Nico, o home que faría que a súa vida
cambiase de rumbo. Xuntos loitaron contra as novidades que aparecían
naquela década, e xuntos pasaron os últimos momentos da vida del. Tras
unha serie de dificultades tentando atopar a saída do que parecía ser un
inferno causado polas drogas, conseguiron estabilizar a súa vida, ata que, a
nova do seu embarazo fixo saltar as alarmas e a vida volveu parecer
unha serie de pezas dun crebacabezas desordenado.
Finalmente,
a vida de Nico, o seu compañeiro, quedou condicionada e limitada polo VIH.
Neste libro, Xulia
explica, con moita carga sentimental e dor, todas as súas experiencias
durante estas duras décadas e todo o seu apoio, atención e cariño
dirixido ao seu compañeiro ata os últimos días da súa vida.
Con
este libro, as sensacións son completamente perceptibles. Deixa todos
os secretos da súa vida ao descuberto, e case parece unha historia
totalmente ficticia, debido a todos os acontecementos tan duros que
ocorren na súa vida.
Judith Martínez (4ºESO)