segunda-feira, 25 de novembro de 2013

CUESTIONARIO PROUST: FINA CASALDERREY

Hoxe imos coñecer neste novo cuestionario o trasfondo máis humano dunha das escritoras máis representativas da literatura infantil e xuvenil, recoñecida en 1995 co Premio Nacional do Ministerio de Educación pola súa obra  O misterio dos fillos de lúa.

Como ben lembraredes, o pasado venres Fina Casalderrey lía no Teatro Principal de Pontevedra o seu discurso de entrada na Real Academia Galega. 

Con ela, a literatura infantil e xuvenil galega entra por primeira vez nesta institución. 

Con ela, agora son cinco as mulleres que fan parte do seu plenario.

Parabéns polo teu traballo, Fina!

3 comentários:

  1. En primeiro lugar moitas felicidades a Fina Casalderrey, teno moi merecido,a pesar de que non siga moito a súa traxectoria.

    E en segundo pareceume moi interesante o seu cuestionario proust é unha maneira moi diferente de coñecer a unha persoa.Agora o complicado e facelo nos...!!!

    ResponderEliminar
  2. Pérdelle o medo, Vanesa, xa verás que con todas as mostras que imos ler por aquí todo vai resultar máis doado. Ánimo e a autorrecoñecerse!

    ResponderEliminar
  3. Eso espero...non é tan doado como semellaba jaja

    ResponderEliminar