Todos somos conta a historia da desaparición de Natalia
principalmente dende 3 tres perspectivas diferentes:
-
Antón: é un dos seus mellores amigos e
ten a esperanza de que Natalia apareza en calquera momento para que a súa vida non
se derrube por completo.
-
Lina Sánchez: é detective e está
desesperada por encontrar a Natalia para así poder quedar en paz consigo mesma
tras as malas experiencias do pasado.
-
Rebeca Soliño: é unha periodista
televisiva desesperada por relanzar a súa carreira e así poder gañar moita fama.
Aprovéitase do caso de Natalia para poder exprimilo ao máximo en todos os seus
programas e manter a audiencia interesada.
Ademais, simultaneamente á acción principal, ocorren varios altercados entre a veciñanza na
praza onde vivía esta nena, debido á tensión e a desconfianza que hai, xa que
cren que calquera pode ser o secuestrador.
Sen dúbida recomendo este libro, xa que fai que nos
deamos conta de que non todo o que se di nos medios de comunicación é certo, e
que hai moito máis de intención do que parece detrás do que se di.
Sem comentários:
Enviar um comentário