quinta-feira, 13 de fevereiro de 2014

CORISTRANCA EN TWITTER CON ÁMOTE LEO A.

Esta semana a escritora Rosa Aneiros, autora da triloxía Ámote Leo A. iniciou unha campaña viral ben suxestiva a través de twitter.

Co gallo da publicación da segunda entrega, convidou todas aquelas persoas lectoras da primeira parte desta triloxía a captar imaxes relacionadas co libro e vinculalas co amor, xa que, entre a Candeloria e o San Valentín está claro que camiñamos polo Mes do Amor...

O grupo lector de 4ºESO tomouno moi en serio e púxose mans á obra ou mellor dito ao obxectivo fotográfico. O resultado non puido ser de mellor calidade e enxeño e por iso Rosa Aneiros non só quedou encantada coas propostas que Cintia, Verónica, Judith, Jenni e Lucía lle enviaron, senón que xa empezaron a chiar e rechiar pola rede twitteira @RosaAneiros.







1 comentário:

  1. Que creatividade temos jaja Encántame a foto de Cintia, que canciño máis cuqui.
    Un saudiño Mercedes, estaremos esperando a 2a parte desta trioloxía.

    ResponderEliminar