Nesta ocasión serán as compañeiras do noso CLUB DAS EX- quen nos conviden a descubrir as súas últimas lecturas.
Inaugura sección a exalumna e agora recoñecida filóloga e poeta Rosalía Fernández Rial, que nos acompañou moi pertiño nesta pantalla principal nos últimos meses.
Cedémoslle a palabra:
“Poesía
e rebelión!” é o título que o escritor Fran Alonso elixiu para a
portada do seu último Poetízate (ed. Xerais, 2011); en formato graffiti e
sobre un muro de cemento urbano.
“Poesía e rebelión!”, así, con
exclamación! Berrando, cuspindo e con espírito irreverente prologan
Alonso e Carlos Negro unha antoloxía de textos subversivos, atrevidos,
rebuldeiros, eróticos, festivos, de denuncia, mal falados,
sorprendentes…. Unhas composicións, que a pesar de todo, “non morden”,
tal e como advirten ambos autores.
Un libro, en definitiva, para xente moza e inconformista, para
recitarlle á orella aos ligues do verán e soltar versos mentres nos
tiramos na bici polas pistas de Bergantiños e as praias Costa da Morte…
Atréveste?
Apertas con morriña dese Coristanco no que tanto aprendín!
E grazas a Mercedes Queixas, por ser unha desas profesoras que ensinan a
berrar: POESÍA E REBELIÓN! POETÍZATE!
Rosalía Fernández Rial."
Sem comentários:
Enviar um comentário